O club Camiñantes do Condado organiza unha suba ao pico máis alto dos Pirineos

A ascensión producirase entre os días 20 e 24 de decembro e para participar é preciso contar con licenza federativa, equipo de alpinismo, experiencia e curso acreditativo

IMG_4287O club Camiñantes do Condado organiza unha escalada ao Aneto, o pico máis alto da cordilleira dos Pirineos. A entidade ponteareán convida a todas aquelas persoas con licenza federativa, equipo de alpinismo, experiencia en escalada e curso acreditativo a participar, sendo tamén imprescindible poñerse en contacto co club a través do enderezo electrónico caminhantesdocondado@gmail.com ou inscribíndose a través da web https://sites.google.com/site/oscaminantesdocondado/.

O Aneto ten máis de 3.400 metros de altura e está situado no Parque Natural Posets-Maladeta, na provincia aragonesa de Huesca. Na súa cara norte, a partir dos 2.800 metros, reside o maior glaciar dos Pirineos, cunha superficie de 100 hectáreas. Se o clima o permite, a escalada até o cumio da montaña se fará por esta cara. En caso contrario, a organización ten previsto un percorrido menos arriscado.