A proba terá lugar o vindeiro domingo, 13 de setembro, en Cabeza de Manzaneda e os seus arredores
O clubs Camiñantes do Condado de Ponteareas quere facer un convite oficioso a todos aqueles veciños e veciñas da vila que queiran participar na carreira “Penedos do Lobo” que se celebrará o vindeiro domingo, 13 de setembro, en Cabeza de Manzaneda.
A carreira estará divida en tres modalidades: maratón (42 quilómetros), cross (21 quilómetros) e andaina (21 quilómetros). Trátase dunha proba que os organizadores cualifican como “de dificultade técnica alta”.
A saída da maratón terá lugar ás 08:00 horas, a da andaina ás 08:05 horas e a da proba de cross ás 09:30 horas.
Dende a concellería de Deportes, xestionada por Benito Márquez, quérese animar a todas as persoas interesadas a poñerse en contacto co club Camiñantes do Condado a través do enderezo electrónico oscaminhantesdocondado@gmail.com.