O club Camiñantes do Condado fará unha ruta por Portugal o 22 de novembro

A entidade e a concellería de Deportes animan a todos os interesados a acudir ás 08:00 horas á porta da Piscina de Municipal para partir conxuntamente cara o país luso. Para participar é preciso inscribirse nesta web

1189830O club Camiñantes do Condado ten prevista a realización da ruta: Ermida do Xurés – Minas de Sombras – Minas dos Carrís – Portela de Homem – Río Caldo. Trátase dun percorrido que transcorre unicamente por Portugal, se ben está situada na Reserva da Biosfera Transfonteiriza Gerês-Xurés.

A ruta ten unha lonxitude de 30 quilómetros e os membros do Club Camiñantes do Condado recomendan levar roupa de abrigo, pois a previsión climática indica baixas temperaturas e a andaina pasará por zonas de máis de 1.600 metros de altura.

A saída cara Portugal producirase dende a porta da Piscina Municipal ás 08:00 horas do vindeiro domingo, 22 de novembro. Tanto o club como a concellería de Deportes, xestionada por Benito Márquez, animan a todas as persoas interesadas a asistir a esta convocatoria. Para participar é preciso inscribirse nesta ligazón.