O Club Bádminton Ponteareas goza de moi boa saúde

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e o concelleiro de Deportes, Benito Márquez, reuníronse cos rapaces e rapazas da entidade deportiva

Na xuntanza onde felicitaron tanto a organización como aos rapaces e rapazas que “por todos os logros que levan conseguido ao longo desta tempada, levando o nome de Ponteareas por España adiante”. Víctor Lemos, presidente do club, sinala que dende a súa asociación tratan “de inculcar co deporte que os nenos aprendan a socializarse, a compartir triunfos, a tolerar as frustracións, a controlar a impulsividade, a vencer a timidez, reducir a ansiedade, a gañar confianza en si mesmos e a respectar as normas”.

 

Logros alcanzados na actual tempada a nivel federado, títulos galegos:

  • Sofía Álvarez (2005)

Bronce en individual e dobres mixtos en categoría sub-15

Plata en individual e dobres mixtos e categoría sub-13

  • Iker Rodríguez (2007)

Prata en individual categoría sub-11

Ouro en dobres categoría sub-11

  • Adrián Rodríguez (2008)

Ouro en individual categoría sub-9 

Ouro en dobres categoría sub-9

  • Rodrigo Álvarez (2008)

Ouro en dobres categoría sub-9

Bronce en individual categoría sub-9

  • María Rama (2009)

Bronce en individual categoría sub-9

Próximos campionatos nacionais.

O 5 de maio teñen o Campionato de España de sub-11 en Ronda (Málaga) onde participaran Iker Rodríguez e Adrián Rodríguez en categoría individual e dobres. 

O 2 de xuño, en Ogijares (Granada) Sofía Álvarez participará no Campionato de España Sub13 en categoría individual e dobres.

Promoción do Bádminton:

Unha das bases do club é a promoción do bádminton. Cada tempada realízanse unas xornadas  nos centros educativos da comarca de primaria e de secundaria, xornadas que consisten en ensinarlles un pouco máis deste deporte a través de charlas, vídeos, exhibicións e partidos. Os seleccionados destas xornadas entre máis de 400 nenos participan en:

– Campionato Bádminton Escolar Zonal Primaria (2 de Abril) 

– Campionato Bádminton Escolar Zonal Secundaria (9 de Abril)

– Campionato Bádminton Escolar Condado Paradanta Baixo Miño (23 de Abril)

– Campionato Bádminton Escolar Provincial (28 de Maio)

Estes campionatos organizados polo Club Bádminton Ponteareas e coa colaboración da Concellería de Deportes, do Servizo Provincial de Deportes dependente da Xunta de Galicia e da Asociación Deportiva Escolar do Condado (ADECONPAR). “Agradecemos a axuda prestada pola Asociación Deportiva Escolar do Condado e A Paradanta (ADECONPAR) que dirixe o profesor José Luis Soto así como a todo os profesores de educación física de tódolos colexios e institutos que estiveron involucrados neste programa escolar, e tamén queremos dalas grazas ao Servizo Provincial de Deportes de Vigo”, sinala Victor Lemos, presidente da entidade.