O cine volve ás parroquias de Ponteareas

 

O Concello proxectará o vindeiro domingo ás 17.00 horas a película “Millions” no Centro Cultural Os Muíños de Oliveira

 

O cine volve ás parroquias de Ponteareas este domingo coa proxección da película “Millions” no Centro Cultural Os Muíños de Oliveira ás 17.00 horas. O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, explica que con esta iniciativa “queremos continuar levando a sétima arte a todos os recunchos do noso concello”, e lembra que a entrada é de balde ata completar aforo.

 

A película “Millions” céntrase en Anthony, un neno de novo anos que tras a morte da súa nai móstrase sempre pragmático, mentres que o seu irmán pequeno Damian, dous anos menor que el, recorre á imaxinación, á fantasía e á fe para que o seu confuso mundo adquira sentido. Un día unha bolsa chea de billetes, caída do ceo, vai parar aos pés de Damian. Grazas a ela, os nenos vivirán unha aventura que quedará gravada de forma imperecedoira na súa memoria, pois comprenderán que o verdadeiro valor das cousas nada ten que ver co diñeiro.