
- A alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro; a Directora Xeral de Formación Profesional, María Eugenia Pérez Fernández; e a subdirectora xeral de Innovación Profesional, Cristina Lesta, visitaron este martes as instalacións
O Centro Integrado de FP A Granxa de Ponteareas conta xa cunha nova aula laboratorio, un moderno espazo educativo creado tras as obras realizadas dende a Xefatura Territorial que achegará ao alumnado una experiencia de aprendizaxe práctica.
A alcaldesa, Nava Castro; a Directora Xeral de Formación Profesional da Xunta de Galicia, María Eugenia Pérez Fernández; a subdirectora xeral de Innovación Profesional e Coordinación co Sistema Productivo, Cristina Lesta e o concelleiro de Ensino, Ricardo González, realizaron este martes unha visita ao centro educativo para coñecer as novas instalacións.

