Entre os días 19 e 22 de marzo, o Centro Social de Ponteareas acollerá as IX Xornadas de Naturopatía, organizadas pola Asociación NEA – Naturópatas en Acción, en colaboración co Concello de Ponteareas.
O salón de sesións acolleu hoxe pola mañá a presentación destas xornadas que correu a cargo do alcalde, Salvador González Solla, acompañado das concelleiras da área de Servizos Sociais, Marisol Valado e Rosa Carrera, xunto cos representantes da asociación Naturópatas en Acción.
O Concello de Ponteareas, desde a área de Servizos Sociais, leva xa varios anos acometendo diversos proxectos de cara á información sobre temas relacionados coa saúde, no campo da información e a prevención, así como de hábitos saudables e, con estas xornadas programadas de narupatía, abordaranse as distintas técnicas de tratamentos alternativos á medicina tradicional que cada día teñen máis demanda.
Estas xornadas desenvolveranse desde o día 19 ata o 22 de marzo no Centro de Servizos Sociais, situado na rúa de Oriente. Os días 19 e 20 a partir das 20:00 h terán lugar senllas conferencias gratuítas que tratarán temas como a naturopatía, acupuntura, saúde no deporte, alimentación, saúde ósea e flores de Bach. Estas conferencias serán impartidas por especialistas na materia como José González, Vicente Fernández, Pedro Anello, Begoña Suárez e Teresa Palmou.
Os días 21 e 22 de marzo, en horario das 10:30 h ás 14h e das 16:00 ás 19:30h, todos os asistentes poderán recibir tratamentos individuais con técnicas naturais de saúde como a través da acupuntura, naturopatía, alimentación, flores de Bach, Reiki, quiromasaxe e osteopatía, a un prezo de 5 € por sesión. Durante estes dous días impartiranse tamén clases gratuítas de Pilates, Ioga e Tai chi.Para más información e inscricións, as persoas interesadas poden pórse en contacto nos números de teléfono 636 33 30 38 ou 658 90 00 54.