O Centro de Información á Muller (CIM) agasalla ás crianzas un recurso lúdico educativo para contribuír a que a igualdade forme parte das vacacións de Nadal

O Centro de Información á Muller (CIM) agasalla ás crianzas un recurso lúdico educativo para contribuír a que a igualdade forme parte das vacacións de Nadal

O Centro de Información á Muller de Ponteareas (CIM) creou un recurso para as crianzas para contribuír, un ano máis, a que a igualdade forme parte das vacacións de nadal das nenas e dos nenos de Ponteareas.

A concelleira de Igualdade e Benestar Social, Verónica Carrera, explica que este ano elaboraron un caderno de actividades con propostas para crianzas de diferentes idades. Este recurso foi repartido nos sete centros escolares de Ponteareas, nos cursos de 1º, 2º, 3º e 4º de primaria, en total 824 nenas e nenos.

O CIM facilita para todas as persoas interesadas o enlace para a súa descarga: http://ir.gl/3b5677

ou directamente descargar o pdf AQUÍ Camiñar cara o 2021(2)
Nós camiñamos cara o 2021 en igualdade e ti, camiñas con nós? #imoscarao2021