O Centro de Desenvolvemento Local organiza un taller gratuíto de procura de emprego na rede

O día 2 de marzo terá lugar nas instalacións do CDL de Ponteareas o obradoiro A procura de emprego on line, eminentemente práctico, onde as inscritas e inscritos aprenderán a busca mellorada na Internet a través de portais de emprego, metabuscadores ou aplicacións. Amais, no taller tratará sobre portais de ETTs, as listaxes de substitución das Administracións Públicas, o manexo do boletíns coma o Diario Oficial de Galicia (DOG), o Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) ou o Boletín Oficial do Estado (BOE), e mesmo grupos de traballo en redes sociais (Facebook, LinkedIn, etc.) As persoas interesadas poden chamar ao Servizo de Orientación Laboral ao teléfono 986 661 050 para anotarse no obradoiro.