O Centro de Desenvolvemento Local de Ribadetea acolle unha xornada formativa sobre as doenzas do castiñeiro

O Centro de Desenvolvemento Local de Ribadetea acolle unha xornada formativa sobre as doenzas do castiñeiroO curso, organizado pola Concellaría de Medio Ambiente, celebrarase o 26 de xullo en horario de mañá

 

A Concellaría de Medio Ambiente, dirixida por Rosa Covelo, organiza este mes unha nova xornada formativa, nesta ocasión enfocada cara á detección e loita contra as doenzas do castiñeiro, o chancro Cryphonectria parasitica e a avespa Dryocosmus kuriphilus. O curso celebrarase o vindeiro 26 de xullo no Centro de Desenvolvemento Local de Ponteareas, en Ribadetea, en horario de mañá.

 

Impartido polo Centro de Desenvolvemento Agroforestal de Riós, esta acción formativa de catro horas de duración vai dirixida fundamentalmente a produtores en activo, persoas que queiran iniciar unha actividade agraria ou persoas desempregadas na busca dunha incorporación ao mercado laboral por conta allea en empresas do sector primario.

 

Será un curso teórico e práctico que contará con 15 prazas. Xa está aberto o prazo de inscrición, que debe facerse enchendo o formulario de solicitude e entregándoo no Concello ata tres días antes da celebración do curso. A edil Rosa Covelo anima a todas as persoas interesadas “a participar nunha iniciativa que busca formar á veciñanza e contribuír así ao coidado e recuperación da nosa contorna”.