Nas instalacións do centro Asprodico, dependente da Concellería de Servizos Sociais e Atención Primaria, que dirixe Marisol Valado, vaise celebrar un obradoiro denominado “Manexo do Estrés e Ansiedade”, que organiza a Asociación de Discapacitados do Condado e Paradanta ADAPTA, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para cidadáns.
O Obradoiro ten entre outros obxectivos aprender a xestionar as emocións ou conseguir un manexo axeitado do estrés e da ansiedade.
A actividade, que terá lugar o martes 21 de abril en horario de 16:30 a 20:30 horas, estará dirixida a toda a poboación en xeral, pero terán preferencia nas inscricións os socios, familiares e coidadores da asociación Adapta, así como as persoas con discapacidade.
A concelleira Valado considera esta actividade “de gran relevancia, dado que as esixencias, tanto sociais como laborais, condicionan o noso modo de vida, polo que é imprescindible aprender a lograr unha adaptación óptima a calquera situación de cambio e/ou transición vital”
Os interesados en participar deben inscribirse previamente na asociación Adapta, xa que hai un número limitado de prazas. Poden facelo directamente na oficina de Adapta, situado no baixo do centro Asprodico, en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres, ou ben por teléfono nos seguintes números 986 916 012 – 662 947 289 en horario de atención ao público.