O Centro Asprodico acollerá este martes unha xornada de aproximación ao Día das Letras Galegas

Desde hai varios anos a Concellería de Cultura, dentro das actividades do Mes de Maio, organiza unha xornada de aproximación ao significado do Día das Letras Galegas dirixida ao alumnado de Educación de Adultos e Talleres ocupacionais do Centro Asprodico.

Esta xornada lévase a cabo polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ponteareas e téntase a través dela que os asistentes coñezan os escritores galegos e o homenaxeado co Día das Letras Galegas.