O CEIP Santiago de Oliveira organiza en xullo dous campamentos temáticos das novelas de Harry Potter e o músical Welcome to the Jungle

As actividades están dirixidas a nenas e nenos de 5 a 12, no primeiro, e de 3 a 12 anos, no segundo, e o prazo de inscrición remata o día próximo 30 de xuño

O colexio de Santiago de Oliveira acollerá as dúas primeiras semanas de xullo cadanseu campamento temático,. Na organización colabora a ANPA do centro educativo, co motivo de ofrecer ás nais e pais de Ponteareas unha nova opción de lecer nas datas estivais.

O primeiro campamento do 4 ao 9 de xullo tratará sobre o mago das famosas novelas escritas por J.K. Rowling. O seu prezo é de 30 euros de xeito individual, e se van irmáns 25 euros cada un. Para inscribirse, as interesadas e interesados poden chamar ao 986 653 574.

campamentooliveira

Na seguinte semana do 11 ao 15 terá lugar o segundo campamento sobre un musical baseado na fábula de Esopo O León e o Rato. O seu prezo é de 15 euros individual, e para irmáns 12 euros. A inscrición realízase a través dos teléfonos 655 926 038 e 695 870 311

No caso de querer inscribir ás nenas e nenos nas dúas actividades, o prezo é de 40 euros individual, e 35 euros cada un para irmáns.