O CEIP Santiago de Oliveira e o CEIP de Leirado convidan a visitar a mostra do xogo e do xoguete

A concellería de Ensino, dirixida en funcións por Cristina Fernández, convida a todas a cidadanía da comarca a visitar a mostra do xogo e do xoguete este venres día 7 no parque da Canuda no concello veciño de Salvaterra de Miño.

Grazas ao traballo realizado en conxunto entre o CEIP Santiago de Oliveira e o CEIP de Leirado, poderase visitar esta mostra entre as 10:45 e as 12:45, horario no que os stands exhibirán xogos e xoguetes (xadrez, bonecas realizadas con materiais da natureza, buxainas, bolos, tres en raia..) sobre os que investigaron os dous colexios.