O curso será presencial e se impartirá no Centro de Desenvolvemento Local os vindeiros días 21 e 22 de setembro
O prazo de inscrición remata o vindeiro luns 14 de setembro
O Concello de Ponteareas ofrecerá un curso de prevención en riscos laborais no manexo de produtos fitosanistarios e da maquinaria necesaria para a súa aplicación. O taller, de modalidade presencial, será impartido nas instalacións do Centro de Desenvolvemento Local, en Lomba do Cruceiro, número 5, na parroquia ponteareá de Ribadetea, os vindeiros días 21 e 22 de setembro, en horario de 16:00 a 20:00 horas.
O prazo para inscribirse remata o vindeiro 14 de setembro. Trátase dun curso dirixido a persoas ocupadas e desempregadas, pero todas elas deberán acreditar experiencia laboral no eido agrario. Todas aquelas persoas que cumpran este requisito e que, asemade, estean interesadas en participar nesta formación poden dirixirse ao propio Centro de Desenvolvemento Local ou chamar ao seguinte número de teléfono: 986 66 10 50.
O curso ten un total de 25 prazas e conta coa avaliación do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA).