O CDL de Ponteareas forma carretilleiros

DSC01535Nas instalacións do Centro de Desenvolvemento Local, tivo lugar a entrega das certificacións acreditativas, aos asistentes a o curso de “Prevención de riscos laborais no uso da carreta elevadora de carga frontal hasta 10.000 Kg”.

No acto estivo presente a concelleira de emprego de Ponteareas, Marisol Valado e César Nercellas, técnico superior de prevención de riscos laborais de “Gadepro Formación y Consultoría”, entidade que impartiu a acción formativa.

A concelleira Valado, destaca que “esta acción formativa, ven a cubrir a necesidade de cualificación dos desempregados interesados en acceder a un posto de traballo na industria en xeral e especialmente nas  empresas  de loxística e grupaxe”.

Os asistentes, recibiron formación teórico-práctica sobre o manexo das carretas elevadoras, facendo fincapé na parte teórica, nos riscos laborais e as medidas preventivas, así como nos controles e compoñentes dos equipos a utilizar. Mediante a utilización de presentacións multimedia os alumnos fixeron casos prácticos de forma individual e grupal.

Na formación práctica, que se desenvolveu nunha empresa da zona, os participantes, desenvolveron unha serie de exercicios, pautados de menor a maior grao de dificultade, adquirindo a habilidade necesaria, no manexo dos equipos, para poder facer traballos de forma autónoma, coa carreta elevadora.