O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe as subvencións para entidades deportivas do Concello de Ponteareas

As diferentes entidades teñen desde mañá, día seguinte á publicación no BOP, 20 días naturais para entregar as solicitudes no Rexistro Xeral do Concello, xunto coa documentación requirida nas bases.

As axudas  teñen como obxectivo a potenciación do deporte, a promoción da práctica deportiva e perseguen a creación de canteiras de deportistas no Concello de Ponteareas, tanto a curto como a longo prazo, impulsando ademais deste xeito formas de ocio alternativo. O importe total para conceder nas subvencións é de 40.000 Euros.