O barrio de Alcazar en San Mateo de Oliveira conta xa cunha estación de bombeo de auga potable

sdr

O concello de Ponteareas instalou no barrio do Alcázar na parroquia de San Mateo de Oliveira unha estación de bombeo de auga potable (E.B.A.P) para que os fogares da zona alta deste barrio poidan ter auga coa presión axeitada. A presión da auga era insuficiente e non era posible o abastecemento en condicións óptimas, sobre todo na tempada estival. Esta obra, financiada con cargo ao Plan Concellos 2018, tivo un custe de 28.522,69€.