O Auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas quedou pequeno para acoller ao público que se achegou este sábado e domingo aos concertos do Festival Groba, gozando o primeiro día das interpretacións da orquestra residente do Festival, a Orquestra de Cámara Galega, quen baixo a dirección de Rogelio Groba Otero, fillo do compositor ponteareán, interpretou o “Concerto Arcaico en Re” para dous violíns, de Rogelio Groba e no que actuaron como solistas o propio director da orquestra e Javier Díaz. Xunto a esta obra, púidose escotar pezas de Vivaldi e Britten.
Este festival internacional dedicou a xornada do domingo ao canto coral, da man do coro Xuvenil Cantemos e o Obradoiro Vocal A Vila, baixo a dirección de Javier Busto, Josu Elberdin e Rogelio Groba Otero, que estiveron acompañados por Alejo Amoedo como pianista e a Orquestra de Cámara Galega.