O Auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas acollerá este domingo o concerto de Germán Díaz co seu “Método Cardiofónico”

cartel do Método CardiofónicoEste domingo, día 26 de outubro, ás 19 horas, o Auditorio Reveriano Soutullo acollerá o concerto “Método Cardiofónico” de Germán Díaz, onde os latidos do corazón en vinilo, instrumentos mecánicos e zanfona xúntanse neste concerto do “Método Cardiofónico”, para asombrar ao público coa súa proposta musical.

O novo espectáculo musical de Germán Díaz está baseado nos ritmos dos latidos do corazón que o doctor Iriarte grabou nos anos corenta e editou en vinilo co nome de “Método Cardiofónico”.
Tomando como base estes latidos, crea un universo sonoro único cos instrumentos mecánicos que utiliza e que len os cartóns perforados nos que Díaz escribe as melodías. A rolmónica cromática, o órgano de barbería e a caixa de música únense á manivela da zanfona, así como á gravación en directo para camiñar entre a improvisación e a rixidez dos cartóns perforados, para crear unha nova forma musical que asombrará aos asistentes ao concerto.