Este vernres, día 12 de decembro, o auditorio Reveriano Soutullo acolleu o concerto coral de tres agrupacións como son a Coral Santa María de Areas, a Coral do Centro Artístico Sportivo de Ponteareas e a Coral Ars Cantorum de Guillade, que engaiolaron ao público coas súas excelentes actuacións que se centraron en temas tradicionais do Nadal.
Este encontro de corais é unha das primeiras actividades programadas co gallo do Nadal, coas que se pretende desde o goberno local fomentar todo tipo de expresión musical, como é o canto coral, de longa tradición no municipio e na comarca. Así mesmo, desde o goberno local maniféstase o compromiso de seguir fomentando e colaborando con todo tipo de agrupación coral ou musical do concello de Ponteareas .