O Auditorio Reveriano Soutullo acolleu a entrega de diplomas dos cursos impartidos nos centros culturais de Ponteareas ao longo do ano 2013

_55A2696O sábado, día 22 de febreiro ás 21:00 h, o auditorio Reveriano Soutullo acolleu  a entrega de diplomas dos cursos desenvolvidos ao longo do ano 2013 nos centros culturais e locais sociais de Ponteareas.

Ao longo do ano pasado os diferentes centros culturais e locais sociais de Ponteareas  acolleron unha variada oferta formativa, impartíndose os seguintes cursos: informática, cociña e repostería, actividades de animación para nenos, poda, selvicultura e  aproveitamentos forestais, manualidades e cestería ecolóxica, arte floral, risoterapia, gerontogimnasia, pilates,  talleres de memoria, corte e confección,   etc.

 

Neste acto, entregáronse máis de 500 diplomas que reflicten claramente a  importancia que  tiveron os   preto  de 60 cursos  que se desenvolveron nos mencionados centros. Esta actividade formativa estivo dirixida a un amplo sector da poboación,  abranguendo dende os máis cativos ata os  maiores.

O alcalde de  Ponteareas e  o  concelleiro de Cultura, Andrés Sampedro Fernández, agradeceu a colaboración prestada  por  todos os centros culturais de  Ponteareas e a ilusión coa que acolleron estas propostas,  que  resultaron  un  éxito,  e  que anima ao Concello de Ponteareas a seguir  con esta oferta formativa, potenciándoa, se cabe,  durante o ano 2014.