O Auditorio Reveriano Soutullo acollerá este sábado a obra de teatro “Carapuchiña Vermella”, a cargo de Atrezo Teatro

ATREZO TEATRO 28-02-2015O Concello de Ponteareas, apostando polo teatro e a diversificación de oferta cultural, acolle este sábado, dia 28 se febreiro, a representación do conto infantil “ Carapuchiña Vermella” no Auditorio Reveriano Soutullo, ás 20:00 horas, con entrada gratuíta ata completar a capacidade da sala.

A través da representación teatral da Compañía Atrezo Teatro, cóntase a historia de Caperuchiña Vermella, dun xeito especial, onde a avoíña non é o que parece, pois leva unha dobre vida, o lobiño non é  tan fero como o pintan e o leñador é realmente  un actor en paro.

Chelo Pampillón, Jessica Roade, Marisa Sueiro,Balbi Rodríguez, Germán García, Damián Alonso, Paula Aldeanueva e Ana Santos serán os actores encargados de dar vida a este conto infantil.