O Auditorio Reveriano Soutullo acollerá esta fin de semana dúas obras de teatro: “La casa de Bernarda Alba” e “Faust-Box”

cartel FEGATEAO Concello de Ponteareas, apostando polo teatro e a diversificación de oferta cultural, acolle esta fin de semana o ciclo de ciclo de teatro  “Fegatea móvete 2014”, da Federación Galega de Teatro Afeccionado, destinado a promover o teatro afeccionado en Galicia. Representarase dúas obras, “La casa de Bernarda Alba”, de Federico García Lorca, interpretada polo Grupo de Teatro El Temple, pertencente á Federación de Teatro de Castilla y León, e “Faust- Box”, posto en escena polo Teatro no Aramio, da Federación Galega de Teatro Afeccionado.

A maxistral obra de Federico García Lorca “La Casa de Bernarda Alba” será representada o día 29 de novembro, sábado, ás 20:30 horas, e “Faust- Box”, será posta en escena o domingo, día 30, ás 18:00 horas. Ambas obras terán como o escenario o Auditorio Reveriano Soutullo, con entrada libre e gratuíta ata completar a capacidade da sala.