O martes 14 e mércores 15 de xuño o alumnado de diferentes niveis e instrumentos pasarán polo escenario a partir das 20.00 horas para mostrar a súa aprendizaxe e a súa progresión musical
Para dar remate ao curso académico do Conservatorio Profesional de Música Reveriano Soutullo e da Escola de Música Vila do Corpus, o alumnado presentan diferentes pezas musicais de diversos autores en dous concertos.
No evento do martes 14 ás 20.00 horas varios estudantes de guitarra, frauta, piano, óboe e gaita interpretarán temas como Rondó de T. Susato, Bless you is my woman de Gershwing, Luces do Atlántico de Ernesto Campos ou Erlkönig de Franz Schubert, entre outros.
O mércores 15 co mesmo horario tocarán a Orquestra Infantil de Corda, os grupos de metais e percusión, o Coro, a Orquestra e a Banda do Grao Profesional.
A concelleira de Ensino, Cristina Fernández e o director do Conservatorio e Escola Francisco Abal convidan a todas as nais, pais, familiares e veciñanza, en xeral, a compartir estas xornadas de gran calidade musical.