O mércores ás 18.00 presentarán esta iniciativa o director da Escola Artística e Profissional Árvore da cidade do Porto, Ruben Lois, profesor da Xeografía e Historia da USC e responsable do Ano do Entendemento Global en Galicia e Luísa Márquez, coordinadora galega das Escolas Asociadas á Unesco
O proxecto Vice-Versa amosa o seu traballo para acadar o entendemento no ámbito dunha “Cidadanía Global e Desenvolvemento Sostible”. É a contribución para a celebración no 2016 do Ano Internacional do Entendemento (Year of Global Understanding na súa denominación orixinal). As Escolas asociadas da UNESCO adquiriron nas súas comunidades o compromiso ético con obxectivos relacionados coa cohesión social, así coma comunicación e comprensión entre pobos e culturas diversas, para acadar un mundo máis xusto. Están convidados a asistir as ANPAS do Condado e Paradanta, os responsables e profesores dos centros educativos da zona e concelleiros da área de Ensino da contorna.
O fomento dunha mellor comprensión de como o local afecta ao pensamento global co fin de promover políticas intelixentes para facer frente aos desafíos a escala mundial como o cambio climático, a seguridade alimentaria ou a migración, son temas que o proxecto “Vice-versa” tamén tocará.
O Ano Internacional do Entendemento Global (International Year of Global Understanding, IYGU nas súas siglas en inglés) é unha iniciativa que tivo a súa orixe na Universidade Friedrich-Schiller de Jena, na Alemaña, a través do Profesor Benno Werlen, xeógrafo social daquela universidade en colaboración coa Unión Xeográfica Internacional.