O Apalpador volve a Ponteareas este xoves ás 13.00 horas

Recibirá aos nenos e nenas na Praza Maior acompañado de animación musical

O Apalpador volverá baixar das montañas para coñecer a todos os nenos e nenas de Ponteareas este xoves ás 13.00 horas. O carboeiro recibirá a todas as persoas que queiran compartir tempo con el na Praza Maior e estará acompañado polo seu burro Río Lor, e o acordeonista Servando Barreiro. Dende alí percorrerá varias rúas acompañado de  músicos e títeres. O Concello anima a veciñanza a acompañar ao Apalpador na súa estancia en Ponteareas, ao tempo que destaca a importancia de pór en valor a nosa tradición entre a nosa infancia.

 

Esta visita forma parte do programa Nadal en galego da Deputación de Pontevedra, coa que se pretende dar a coñecer a tradición galega destas festas ás nenas e nenos.