O alumnado do comedor do CEIP Fermín Bouza Brey comunícase en lingua de signos grazas á implantación dun novidoso proxecto

Xantar no comedor do CEIP Fermín Bouza Brey, dependente da concellería de Ensino que dirixe a tenenta de alcalde Cristina Fernández, ten premio. Un premio de trascendencia social que fai posible que a igualdade e a inclusión sexa cousa de todos.

As pequenas e os pequenos do comedor do colexio Fermín Bouza Brey teñen a sorte de xantar nun ambiente máis relaxado e tranquilo donde os decibelios das voces dan paso á lingua de signos gracias á iniciativa da concellería de Ensino que xa no pasado curso escolar daba os seus primeiros pasos nalgunhas aulas do centro.

Cristina Fernández explica que neste curso deuse un paso máis e implantouse o proxecto “En Voz Baixa” no comedor escolar para que o alumnado desfrute dun tempo de xantar de calidade ao tempo que aprende a comunicarse en distintas linguas, como a de signos, promovendo ademais a igualdade e aprendendo dun xeito divertido e inclusivo.

No curso pasado o alumnado deste centro educativo tomou o seu primeiro contacto e aprendeu as nocións básicas desta lingua. Este curso son as profesionais do comedor escolar as que recibiron formación para saudar, presentar o menú e comunicarse durante este xantar silencioso.

A técnica Aránzazu Casas explica que a lingua de signos aínda que é a lingua propia das persoas xordas aporta moitos beneficios a toda a sociedade.

Para as familias son todo vantaxes tanto a nivel persoal como educativo e social xa que mellora a comunicación e a convivencia, sobre todo en espazos compartidos como un comedor escolar”.

A lingua de signos é unha lingua visual e xestual que favorece a comprensión da linguaxe verbal e amplía as habilidades comunicativas de calquera persoa, concúe a concelleira Cristina Fernández.