O alumnado de Ponteareas gozará do teatro da man da FANPO

A Federación de Anpas de Centros de Ensino Públicos Condado-Paradanta e Louriña (FANPO) organiza a VI Xornada de Teatro para o alumnado de todos os centros educativos.

Máis de 4.000 alumnos e alumnas pasarán polo auditorio municipal de Ponteareas para gozar desta arte.

O alumnado de infantil achegarase ao mundo do teatro da man da compañía Migallas Teatro que interpretará “Pan de Millo” os días 14, 15 e 16 de novembro.

Os de primaria serán o público da obra “A nena que quería navegar” posta en escea por Redrúm Teatro os días 21 e 22 de novembro.

O turno do alumnado de secundaria será o día 20 coa obra “Go on!” De Malasombra Producións.

A FANPO quere así, agasallar unhas xornadas de lecer nas que se poña en valor esta arte escénica tan antiga e da a opotunidade ao alumnado de desfrutar dunha saída didáctica na que compartir cos compañeiras e compañeiros o seu tempo libre.

A concelleira de Ensino, Cristina Fernández, felicita á FANPO por ofrecer un ano máis esta educativa e interesante actividade e asistirá a algunhas das representacións desta programación de calidade.