O alumnado do Centro Asprodico exhibirán o seu talento nun mercadillo situado na rúa Oriente

Terá lugar o vindeiro 30 de abril e a veciñanza que se achegue poderá adquirir todo tipo de produtos feitos a través de traballos manuais

 

Centro-Social-4O sábado 30 de abril é o día escollido pola concellería de Benestar Social e Igualdade, dirixida por Verónica Carrera, para que os 11 alumnos e alumnas do obradoiro ocupacional que se desenvolve no Centro Municipal Asprodico expoñan á veciñanza da vila todo o seu talento a través dun mercadillo que estará situado na rúa Oriente, ao carón do Centro Social, dende as 10:00 até as 14:00 horas.

 

Os alumnos ofrecerán, deste xeito, a oportunidade adquirir todo tipo de produtos realizados mediante diferentes traballos manuais. Cestos de mimbre ou corteza de eucalipto, pratos de madeira con diferentes gravados, botellas de lá, candeas ou xabróns artesanais son só algúns dos exemplos que se poderán atopar no pequeno mercado organizado polo alumnado e o profesorado do Centro Asprodico.

 

O obradoiro ocupacional que se desenvolve nesta instalación municipal permite que persoas con diferentes discapacidades adquiran competencias en diferentes ámbitos entre os meses de outubro e xuño.