wudangO martes pola mañá o alcalde do Concello de Ponteareas, Salvador González, e o edil de Deportes, Alberto Novoa, recibiron no salón de sesións ao ponteareán Diego Iglesias Cuevas, quen acaba de lograr o campionato de España de Loita Libre Olímpica, na categoría de cadete,  celebrado o pasado 14 de marzo en Rivas Vaciamadrid, competindo contra os campións na súa categoría de todas as Comunidades autónomas. O campión estivo acompañado polo seu director técnico, Xano Durán, e polo director do Centro Deportivo Wudang, Luis Argüelles, sendo felicitados polo polo alcalde e concelleiro, os que destacaron a importancia do logro acadado por Diego Iglesias, resaltando o esforzo persoal que levou á consecución deste campionato, así como felicitaron ao director técnico e ao director do centro Wudang polo traballo desenvolvido para facer posible este título. Así mesmo, os representantes municipais animaron ao novo campión de España a loitar para conseguir novos logros e aos directores para continuar co bo traballo desenvolvido.

O recén campión de España, Diego Iglesias Cuevas, de tan só 16 anos, conta no seu haber xa con outros títulos como o acadado o pasado ano, sendo proclamado subcampión de España de Loita Olímpica Grecorromana e a súa carreira deportiva veuse recompensada sendo seleccionado para o Campionato de Europa que se levará a cabo no mes de abril.