Nun día coma hoxe…

O goberno de Ponteareas quere lembrar hoxe aos ponteareáns ilustres e destacados que naceron nun día como hoxe 19 de abril, data na que no ano 1948 naceu en Angoares o escritor Alfonso Pexegueiro. 

Tamén naceron un 19 de abril pero do ano 1916 e en Moreira o ciclista ponteareán Delio Rodríguez Barros que finou en Vigo un 14 de xaneiro do ano 1994 ou o escritor Manuel Domínguez Benavides que finou en México o 19 de outubro de 1947.