Novos cursos nas casas e centros culturais das parroquias totalmente de balde

Co obxectivo de achegar un maior número de actividades lúdicas e didácticas ás parroquias a concellería de Cultura e Lingua, que dirixe Fernando Groba, ofreceu durante todo o ano un amplo abano de cursos nos que participaron veciños e veciñas de tódalas idades.

Mañá día 5 comeza en Canedo o curso de nutrición de 10:30 a 12:30 horas, o vindeiro martes día 15 comeza o de conservas en Areas de 17:15 a 19:15 horas e o vindeiro sábado día 19 de 10 a 13 horas comeza o de xestión e tramitación de documentación coa administración.

Nesta semana comezaron o de cociña saudable e cosmética e hixiene en Bugarín e na parroquia de Celeiros comezou tamén o de cociña saudable.

Aqueles e aquelas interesadas en participar tan só terán que achegarse ao seu centro cultural e informarse dos cursos que se ofrecen totalmente gratis dende a concellería de Cultura e Lingua.