A Concellería de Seguridade Cidadá que dirixe Vanesa Fernández informa aos cidadáns do novo número de teléfono da agrupación de Protección Civil de Ponteareas, un número de teléfono no que poderán informarse dos servizos da agrupación ou mesmo solicitalos.
O número de teléfono 671 386 984 tamén valerá para obter información sobre as funcións da agrupación e os requisitos para formar parte da mesma. Protección Civil Ponteareas abre un periodo de captacón para dar a coñecer a súa importante labor altruista e brinda a oportunidade de traballar en equipo en favor da veciñanza e recibir formación en materia de emerxencias, entre outras actividades e funcións.
A concelleira de Seguridade Cidadá aposta pola formación e ofrece cursos de formación para todos os membros da agrupación ao longo do ano como o que se ven de realizar no Centro de Desenvolvemento Local (CDL) no que se impartiron protocolos de actuación en emerxencias e se expuxeron os casos nos que debe intervir protección civil e as súas funcións e utlidade de cara a sociedade.
Vanesa Fernández adianta que a concellería que dirixe ofrecerá a todos os corpos de seguridade cursos de formación continuada para ofrecer o mellor servizo á veciñanza. “Os e as voluntarias de Protección Civil Ponteareas tamén forman parte como elemento de apoio e axuda aos veciños e veciñas e, polo tanto, deben ter os coñecementos axeitados e actuar baixo as directrices das normas de intervención e actuación en materia de seguridade e emerxencias”.