Novo logro do Club Natación Ponteareas

A concelleira de Deportes, Nahir Covelo, felicita ao Club Natación Ponteareas que segue escribindo a súa historia e clasifica por primeira vez ao Equipo Feminino para participar na XXV Copa de España de Clubes de 2.ª división que terá lugar en Madrid na piscina do Mundial 86.

Logo de acreditar as mellores marcas persoais e de remudas de distintas probas, o CNPonteareas clasificouse na 6.ª posición e será o único equipo galego Feminino nesta categoria.

Deste xeito, os vindeiros 20, 21 e 22 de Decembro as nadadoras do CN Ponteareas farán o seu debut nesta cita nacional.