Nova cita coas I Xornadas sobre o Patrimonio do Condado e novo éxito de participación

A segunda cita coas I Xornadas sobre o Patrimonio do Condado volveron convocar a un numeroso público que puido ter o privilexio de escoitar ao historiador Xosé Lois Vilar Pedreira do Instituto de Estudos Miñoráns (IEM) falar sobre os petróglifos do Condado para continuar escoitando ao arqueólogo Alberte Reboreda Carreira que nos trasladou unha ampla ollada sobre a toponimia e patrimonio cultural tomando como exemplo a parroquia de Pesqueiras en Salvaterra de Miño.

As e os participantes tamén puideron gozar da visita guiada por Xosé Lois Vilar aos petróglifos de Gargamala, Mondariz.

No día de mañá mércores, Rafael Rodríguez Martínez do equipo da Deputación de Pontevedra falará ás 10 horas sobre o Castro da Croa e as súas posibilidades estratéxicas para a súa recuperación patrimonial e María Luísa Castro, da Universidade de Santiago de Compostela dos fondos do museo municipal de Ponteareas.

Pola tarde Juan Manuel Buján García, ministro provincial dos Franciscanos, trasladaranos á orixe e evolución de Ponteareas.