Nova cita coa Mocidade en Ponteareas

A concellería de Benestar Social, Igualdade e Mocidade convida a toda a veciñanza á proxección da película  “IT” na sala multiusos do auditorio ás 21 horas. Esta sesión de cine enmárcase dentro da primeira programación específica para a mocidade deseñada pola concelleira nacionalista Verónica Carrera despois de realizar unha consulta nos centros de secundaria da vila para recoller a demanda real de lecer e así confeccionar un programa á medida.