Nova actividade do programa APEGO este venres día 13 ás 18 horas

A concellería de Lingua convida á obra de teatro Onde está Larry? de teatro Calavera

A concellería de Lingua que dirixe Fernando Groba convida a todas as familias a nova actividade do APEGO que terá lugar este venres, día 13 de decembro, ás 18 horas no auditorio Reveriano Soutullo.

Onde está Larry?, do Teatro Calavera, é un conto interactivo, onde as nenas e os nenos participan de forma activa no desenvolvemento do espectáculo, divertíndose con xogos, música e baile.

Esta actividade é de balde e forma parte dun conxunto de actividades realizadas de xeito mensual que fomentan a vinculación das familias co galego, dentro do proxecto Apego.

Apego é un programa colectivo dirixido a fomentar e a facilitar a transmisión do galego como lingua inicial e a socialización dos nenos e das nenas entre 0 e 6 anos no noso idioma, para o que se desenvolven materiais, facilítanse e difúndense recursos, deséñanse e prográmanse actividades para nais e pais e para nenos e nenas, etc.

Todas aquelas persoas interesadas en participar neste proxecto poden pórse en contacto co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ponteareas, onde recibirán toda a información precisa.