A concellería de Medio Ambiente pide a colaboración da veciñanza para denunciar atitudes incívicas
A cidadanía dispón dun servizo gratuíto de recollida de enseres con tan só chamar ao 986 640 307, tamén dispón dun punto limpo
A concellería de Medio Ambiente, que dirixe Rosa Covelo, fai un novo chamamento á cidadanía para conseguir unha vila máis limpa e rematar co depósito de lixo fóra dos puntos axeitados.
Rosa Covelo adianta que a cidadanía dispón dun amplo servizo de recollida de lixo que abrangue a recollida diaria, a recollida á demanda semanal de enseres e o punto limpo. Un servizo completo co que poucos concellos contan e que cubre todas as necesidades que os particulares poidan precisar.
A concelleira agradece á veciñanza que traslade ás autoridades locais todos aqueles comportamentos incívicos porque considera que “todos e todas xuntas podemos rematar coa esta mala costume e desfrutar dun concello máis limpo e agradable”.
Para Rosa Covelo non hai excusa para deitar lixo en calquera punto da rúa ou da estrada, como o atopado esta semana na beirarrúa de Castañal ao pé dun contedor de lixo totalmente baleiro “a cidadanía non precisa verter na vía pública porque para iso dispón dun servizo gratuíto de recollida e dun punto limpo cun amplo horario. A día de hoxe cos servizos de recollida e tratamento de lixo dos que dispón a cidadanía, non se poden consentir estas actitudes incívicas ”.
Rosa Covelo lembra que os venres a primeira hora da mañá o servizo de recollida de enseres atende á demanda da veciñanza polo que os obxectos non deben ser depositados xunto aos contedores antes dos xoves ás 21 horas.
O servizo de recollida de enseres é totalmente de balde e ofrécese de xeito semanal tan só tendo que chamar ao teléfono 986 640 307.