Non deixes o lixo na rúa, chama e avisa ao servizo semanal de recollida de mobiliario voluminoso

A concellería de Medio Ambiente, que dirixe Rosa Covelo,fai un chamamento á cidadanía para que xuntos traballemos por unha vila máis limpa e ordenada e recórdalles que cada semana os veciños poden dispor do servizo de recollida de enseres, referíndose deste xeito a mobiliario voluminoso, colchóns, neveiras ou somieres, entre outros moblaxes de particulares e dos fogares. Todos aqueles que queiran empregar este servizo deberán comunicalo previamente chamando ao número de teléfono 986 64 03 07 e os responsables do servizo indicarán o día e lugar onde depositar na rúa o moble ou obxecto voluminoso.