Vésperas de todos os Santos, Noite de Meigas ou Jalopín: dise da festa de orixe celta e con varios sécalos de historia que moi pronto vai ter lugar na vila de Ponteareas.
No Castelo do Sobroso, parte da directiva da asociación de Hostalería e Turismo do Condado, Isidoro Pino, Jorge Rodríguez, Nieves Misa e Marcos Carrera, xunto coa concelleira de comercio e industria de Ponteareas, Marisol Valado, veñen de presentar a orixinal festa de “JALOPÍN” e Ruta da Cervexa, que terá lugar do día 31 de outubro ao 2 de novembro.
Para tal ocasión, os bares e restaurantes desta vila converteranse durante a noite do venres 31 de outubro en auténticas casas encantadas, con pinchos terroríficos. E nelas, o interior das calabazas prenderá para dar a benvida a unha hora de espíritos con ganas de diversión.
Ofrecerán pinchos a só 1,50 euros e cañas por só 1 euro máis. Ademais, á comparsa máis orixinal levará un premio económico.
E para os que sobrevivan aos perigos da noite do venres, o sábado e o domingo (1 e 2 de novembro) continuará a festa nas rúas da vila. O Jalopín dará paso á maior festa da cervexa vivida xamais: o Oktoberfest ponteareán. Para conmemoralo, bares e restaurantes da vila disporán da mellor selección de pinchos e ofrecerán aos seus clientes unha ampla gama de cervexas de importación.
Os locais adscritos da Asociación: D’ Peyo, La Clave, Casa Lola, Bar Galicia, O Túnel Tapas, Casa Ferreira, Berceo, La Calle, Onde Sempre, Punto&Textura, JJ Copas, Taparía Macdona, Balú, Café Ciudad, Café Xirope, Cervexería República, Asador Imperio, El Catro, BluBar, Cervexería Goya, disporán de todo o preciso para que estes días se convertan nunha festa sen precedentes.
Do 31 de outubro ao 2 de novembro, prender unha vela e saír a rúa a gozar da festa será o mellor remedio contra os pesadelos e dende a Asociación de Hostalería e Turismo do Condado e o Concello anímase ao público a disfrazarse e disfrutar dunhas días do máis orixinais na na vila do Tea.