Noa Álvarez e Zaira Pereira gañan o V Concurso de Debuxo contra a Violencia de Xénero

O mércores 27 o CIM organiza un faladoiro coa dinamizadora Lorena Pinheiro na residencia de maiores Santa Ana

O goberno de Ponteareas, a través da concellería de Igualdade que dirixe Verónica Carrera, entregou hoxe os premios do V Concurso de Debuxo contra a Violencia de Xénero.

No marco da programación específica deseñada pola Concellería co motivo do Día Internacional contra a violencia de xénero, fixose entrega dos premios ao alumnado de primaria e secundaria para pasar á lectura do manifesto no salón de plenos da Casa do Concello.

Co obxectivo de facer das aulas espazos sen violencia, igualitarios e inclusivos donde se xere un coñecemento transformador que impulse os cambios necesarios para formar sociedades máis xustas, o alcalde Xosé Represas e a concelleira entregaron na categoría de primaria o 1º premio a Noa Álvarez Sampedro de 3º de E.P do CPR Santiago Apóstol, o 2º premio foi para Aarón Manuel Misa Cabaleiro de 4º de EP do CPR Santiago Apóstol e o 3º premio para Xoana Lourido Nieto de 6º de E.P tamén do Santiago Apóstol.

Na categoría secundaria o primeiro premio foi para Zaira Pereira Pérez de 3º do IES Val do Tea, o 2º premio para Katy Fernández Berdulles de 4ºC do IES Val do Tea e o 3º premio para María Fernández Míguez de 3º do IES Val do Tea.

Baixo o lema “facer fronte ás violencias machistas” o alumnado esixíu no seu manifesto unha sociedade igualitaria da que todos e todas somos responsables podendo aportar no noso día a día o gran de area preciso para rematar non só coa violencia de xénero se non tamén coa desigualdade de xénero. O número de vítimas por violencia de xénero, os baixos salarios das mulleres respecto aos dos homes, a taxa de desemprego das mulleres e un longo etc de exemplos que o noso alumnado recordou nesta lectura.

Verónica Carrera lembra á cidadanía que este mércores 27 ás 16:30 horas na residencia de maiores Santa Ana o CIM organiza un faladoiro baixo o título “Todas contamos” coa dinamizadora Lorena Pinheiro que conversará sobre historias comúns de vida e resistencia fronte á desigualdade.