No CDL de Ponteareas remata un curso do programa actívate 2013

medios

Cunha asistencia de 25 alumnos, hoxe rematou a  primeira acción formativa encadrada no programa “Actívate 2013” denominada “Reparacións domésticas de fontanería, albanelería e carpintería”.

O acto de clausura  correu a carg

o da Concelleira de Emprego e Desenvolvemento Local,  Marisol Valado quen salientou “a gran demanda que tivo esta actividade (máis de 60 solicitudes) e que se traduce no gran número de asistentes a mesma, transmitíndolle que o obxectivo primordial da súa concellería é a percura dunha formación de calidade que redunde nunha maior competitividade de todos os asistentes, ao mesmo tempo que se incrementan a súas posibilidade de emprego tanto de forma autónoma ou por conta allea”.

O Concello de Ponteareas, ven de adherirse este ano, como o fixo xa nos derradeiros, a dito programa, que pon en marcha a Deputación de Pontevedra, e que ten como obxectivo principal de

senvolver actividades formativas que respondan as demandas dos mozos e mozas da provincia.

O curso que ten por

A concelleira Valado, puxo a disposición de todos os asistentes, os recursos tanto materiais como humáns, cos que conta o Centro de Desenvolvemento Local, para seguir desenvolvendo actividades, encamiñadas a mellora das posibilidades de inserción,  dos mozos e mozas da localidade.obxectivo adquirir as habilidades e destrezas básicas nas tarefas de reparacións domésticas, tivo  unha duración de 40 horas presenciais das cales, 36 impartiranse no propio Centro, correspondéndose cos contidos procedimentais ou prácticos e cos conceptuais ou teóricos  e 4 corresponden a un taller de carácter obrigatorio sobre técnicas de busca de emprego e habilidades sociais para a inserción laboral.