No CDL de Ponteareas fórmanse carretilleiros

DSC01503Nas instalacións do Centro de Desenvolvemento Local, tivo lugar a entrega das certificacións acreditativas, aos asistentes a o curso de “Prevención de riscos laborais no uso da carreta elevadora de carga frontal hasta 10.000 Kg”.

No acto estivo presente a concelleira de emprego de Ponteareas, Marisol Valado e César Nercellas, técnico superior de prevención de riscos laborais de “Gadepro Formación y Consultoría”, entidade que impartiu a acción formativa.

Os asistentes, recibiron formación teórico-práctica sobre o manexo das carretas elevadoras, facendo fincapé na parte teórica, nos riscos laborais e as medidas preventivas, así como nos controles e compoñentes dos equipos a utilizar. Mediante a utilización de presentacións multimedia os alumnos fixeron casos prácticos de forma individual e grupal.

Na formación práctica, que se desenvolveu nunha empresa da zona, os participantes, desenvolveron unha serie de exercicios, pautados de menor a maior grao de dificultade, adquirindo a habilidade necesaria no manexo dos equipos para poder facer traballos de forma autónoma coa carreta elevadora.

A concelleira Valado, destaca que “esta acción formativa, impartiuse conforme as directrices establecidas no RD 1215/1997 que impón aos operadores e carretas elevadoras a necesidade de acreditar unha formación sobre o manexo seguro destes equipos,  vense a sumar a todas aquelas accións que dende a concellería que dirixe, está a impulsar no eido da formación e cualificación tanto de activos como desempregados”.