No auditorio municipal… teatro!!!

Aporia Escénica interpreta hoxe domingo ás 18:30 no Auditorio Municipal “OS RELOXOS PREGUICEIROS”.
Na cidade de Néboa vívese un acontecemento extraordinario: todos os reloxos deixan de contar o tempo.Un verdadeiro xeroglífico para resolver entre todos e todas e sacar á luz os e as grandes detectives que levamos dentro.
Unha comedia delirante, con música en directo e unha estética inspirada nas vangardas, para gozar en familia. Unha peza que cuestiona a engranaxe temporal na que vivimos e propón redescubrir outro tempo máis vital: o da imaxinación e do espazo comunitario.