Nenos da ludoteca e maiores de residencia traballaron en equipo

A actividade organizada dende a propia Ludoteca Municipal permitiu que cativos e maiores realizaran traballos manuais de maneira conxunta

ludoteca-residenciaA Ludoteca Municipal, dependente da concellería de Benestar Social xestionada por Verónica Carrera, vén de organizar unha actividade na que os maiores da residencia municipal Santa Ana e os nenos que participan nas actividades que a ludoteca do concello organiza durante os meses de verán, compartiron tempo e traballo.

A actividade consistiu na confección dunha flor con material de refugallo, onde máis de trinta maiores e nenos empregaron botellas de plástico, teas e purpurina nunha xornada de integración e de cooperación entre xeracións.

Verónica Carrera manifestou a intención de “continuar a desenvolver este tipo de iniciativas dende os organismos municipais, pois axudan a que nenos e maiores poidan aprender uns dos outros”.