Nava Castro Domínguez e Andrés Sampedro Fernández presentaron O Corpus Christi este venres en Madrid na Feira Internacional de Turismo

nava_andresA directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro Domínguez e concelleiro de Turismo do Concello de Ponteareas, Andrés Sampedro Fernández, presentaron en Fitur o venres pola tarde a Festa do Corpus Christi de Pontareas, deixando marabillados a todos os asistentes coa comtemplación dunha vila tapizada de flor e grazas ao cal é coñecida no mundo enteiro como Vila do Corpus.

Ás cinco da tarde e tras a presentación de Mª. Nava Castro Domínguez, o edil de Turismo, logo de remarcar tamén os diferentes elementos patrimoniais e culturais do municipio, amosaron a todos os visitantes a través dun vídeo a celebración do Corpus Christi do 2014, Festa de Interese Turístico Internacional, buscando que a vila do Tea se convirta en destino turístico singular.

Como colofón, a directora da Axencia Turismo de Galicia e o edil de Turismo do convidaron os asistentes á degustación das tradicionais rosquillas de Ponteareas, que contan con distintivo de calidade .