Nadal nos centros do Concello de Ponteareas

Q55A1343Os centros dependentes da Concellería de Servizos Sociais-Atención Primaria, que dirixe Marisol Valado, rematan o ano, como xa ven sendo habitual, cunha serie de actividades, con motivo das festas de Nadal.

Tanto a Escola Infantil, como o centro de discapacitados Asprodico e a Ludoteca, comezaron, as actividades programadas, con motivo destas festas.

A Escola Infantil, tivo na mañá de hoxe, un protagonismo “rexio”, porque o alcalde Salvador González Solla e a concelleira Marisol Valado, acompañados dos traballadores e nenos e nenas, da escola, recibiron a súas maxestades “Os Reis Magos de Oriente”, Melchor, Gaspar e Baltasar, quenes foron recibidos coa alegría compartida dos adultos e a emoción dos mais cativos, porque algúns choraron e outros riron ante a visita real. De calquera xeito, os pequenos, aproveitaron para falar, coas súas maxestades e dicirlles que regalos lles gustaría recibir. Por si acaso se esquecían, tamén aproveitaron para entregarlles as cartas cos seus desexos.

A experiencia foi moi entrañable, e rematou con centos de bicos e caramelos para todos, como preludio do desexado día de reis.

O alcalde Solla, mostrouse moi satisfeito, agradecendo ao persoal da escola, a súa profesionalidade, o seu esforzo e adicación, desexándolles unha gran ventura nestas festas e para o vindeiro ano. Do mesmo xeito, agradeceu a colaboración de CEMAR, que fixo posible a parada dos reis na escola, contribuíndo a espallar ledicia e ilusión.

 

Tamén os usuarios do centro de discapacitados Asprodico, hoxe celebran o inicio das do Nadal, cunha excursión as “Termas do Prexigueiro”, en Rivadavia. Acompañados dos monitores e da propia concelleira, disfrutaron dunha mañá de relaxación e augas termais. A visita rematouse, cunha comida en, A Cañiza, na que nun ambiente entrañable e de confraternización, houbo bos desexos para todos.

 

 

Hay que destacar tamén que a Ludoteca Municipal “Ludotea”, que acolle a nenos e nenas de 6 a 14 anos, celebrou onte mércores, a súa festa, cunha merenda, na que participaron moitos dos seus socios e a que se sumaron os familiares. Non poideron faltar os xogos e a música, por suposto, que fixeron as ledicias dos pequenos e pequenas. O entretemento e a diversión estiveron asegurados.

 

Para a Concelleira Valado, “participar nestas actividades, nestas datas, foi unha experiencia moi entrañable” e subliña: “felicito e animo a todo o persoal dos centros e colaboradores, a continuar nesta liña, ofrecendo o mellor de cada un, cada día de traballo, para conquerir no vindeiro Nadal, un único obxectivo: mellorar a calidade dos nosos servizos”. ¡¡Bo Nadal e Ano Novo!!