Música tradicional e teatro esta fin de semana nas parroquias

A concellería de Cultura convida a toda a veciñanza a participar das actividades que esta fin de semana ofrecen as parroquias dentro da programación do Circuito Cultural  da Concellería de Cultura, Normalización lingüística e Turismo que dirixe en funcións Hortensia Bautista.

O domingo 2 de xuño ás 19 horas o centro cultural de San Mateo contará co grupo de teatro de Xinzo que porá en escena “Anacleto busca moza”.

Tamén o domingo 2, o centro cultural de Couso acollerá a actuación do grupo de baile e música tradicional Pedra da Garza de Fozara a partir das 18 horas.