Música folk e festival de bandas para desfrutar do domingo

A concellería de Cultura, que dirixe en funcións Hortensia Bautista, convídaos a desfrutar mañá do II Festival de Bandas Infantís que terá lugar no auditorio do centro cultural de Xinzo ás 18 horas coa actuación da banda da escola de música de Xinzo e da banda da escola de música de Vilaboa.

Tamén mañá domigo ás 12 horas na casa cultural de Arcos haberá concerto de música folk con Pédëpôtè dentro da programación de Cultura 24.